Google Apps estrea tenda de aplicacións
xoves 11 de marzo do 2010, por | |
| Compartir |
Os usuarios de
Google Apps poden potenciar agora os servizos que Google ofrece a empresas e
asociacións unha nova
tenda de aplicacións que poden integrar sen problema nos seus servizos actuais
baseados na web e incluso abren a posibilidade a calquera
desenvolvedor para que faga aplicacións que poidan integrarse neste Google Apps Marketplace
(recibindo estes o 80% dos ingresos).
Actualmente no Google Apps Marketplace atopamos un bo catálogo que amplían o
potencial de Gmail, Google Docs, Google Calendar e outros, no que dá a
impresión que é unha especie de Google Labs de pagamento, no que xa hai máis de
50 empresas vendendo software.
Entre as aplicacións dispoñibles está Manymoon,
unha ferramenta de xestión de proxectos; PS Connect, que
recolle información relevante do dominio dun usuario e o resume nunha mensaxe
de Gmail para axudar na toma de decisións en tempo real; OffiSync,
un sincronizador de Microsoft Office con Google Apps; importadores de datos de
Exchange aos servizos de Google; e moitas outras funcionalidades que en moitos
casos poden empregarse de balde.
Vídeo de presentación de Google Apps Marketplace
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














