Google Keep xa pode empregarse dende Android Wear

xoves, 23 de abril do 2015 Marcus Fernández

A un día do lanzamento oficial do Apple Watch dende Google non queren soltar o pé do acelerador da súa plataforma Android Wear, e hoxe mesmo engádenlle soporte para Google Keep, de xeito que os reloxos de pulso con tecnoloxía de Google poden empregarse agora para consultar e realizar anotacións que se rexistren na nube de Google.
Os smartwatches con Android Wear poden agora empregase para ver notas en Google Keep, sendo posible iniciar a aplicación do servizo mediante ordes de voz, que tamén poden empregarse para realizar unha nova anotación. Tamén é posible engadir recordatorios ás anotacións dende o reloxo graza a esta última actualización.
Google Keep está dispoñible como aplicación para Android, en versión web e tamén como aplicación para Chrome.

PUBLICIDADE