Google Maps comeza a ter en consideración ás bicicletas
mércores 10 de marzo do 2010, por | |
| Compartir |
O servizo de mapas de Google
continúa a evolucionar, e aparte de calcular rutas a pé ou en coche, agora
incorpora a función de guiarnos
cando imos en bicicleta, aínda que esta funcionalidade polo
momento só está dispoñible nos EE.UU.
Deste xeito, en Google Maps tense en conta os carrís bici ou a pendente das
costas á hora de calcular o camiño a seguir para chegar dun punto a outro,
aínda que tememos que na internacionalización desta ferramenta os españois non
vaiamos a poder tirar dela todo o proveito posible por ter un número de vías
adaptadas ás bicicletas moi inferior do que acontece noutros países europeos.
Vídeo de presentación do cálculo de rutas en bicicleta dende Google Maps
Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














