Google permítenos elixir entre os dous lados da Forza para homenaxear a Star Wars

luns, 23 de novembro do 2015 Marcus Fernández

A menos dun mes para a estrea de El Despertar de la Fuerza, moitas son as marcas que están a aproveitar nas súas promocións a imaxe da icónica franquía cinematográfica creada por George Lucas, e curiosamente a propia Google quixo sumarse a esta febre, rendendo homenaxe a Star Wars dun xeito curioso: crearon unha páxina web na que permiten aos seus usuarios elixir entre o lado luminoso ou o lado escuro da Forza, o que fará que varias das aplicacións de Google (como Gmail, YouTube ou Google Maps) muden a súa aparencia amosando temas acordes co sendeiro da Forza elixido. Non faltarán ovos de Pascua agochando contidos curiosos que entusiasmarán aos seareiros de Star Wars.
Esta será só unha das sorpresas que Google preparou de cara ao rexurdir da Forza en pantalla grande, pois tamén teñen previsto achegar máis cousas nas vindeiras semanas, como a posibilidade de poder facer un percorrido en realidade virtual ao Falcón Milenario.

As aplicacións web de Google presentarán distintas estéticas segundo o lado da Forza que elixamos

Vídeo co que Google homenaxea a Star Wars

PUBLICIDADE