Google premia a comprobación da seguridade da nosa conta con 2 GB adicionais en Google Drive

martes, 9 de febreiro do 2016 Marcus Fernández

Como apoio á concienciación cidadá co gallo do Día da Internet Segura, dende Google animan aos seus usuarios a realizar unha Comprobación de Seguranza das súa contas, de xeito que poderán confirmar se a súa información para a recuperación da conta no caso de esquecer o contrasinal está actualizada, comprobar a última actividade de identificación no sistema (para ver se houbo algún intruso empregando as nosas credenciais) e confirmar os dispositivos e aplicacións que contan con algún tipo de acceso á nosa información de conta.
Como incentivo para realizar este proceso de seguridade, até o 17 de febreiro Google regalará 2 GB de almacenamento en Google Drive, servizo que transmite sempre a información almacenada nos mesmos de xeito cifrado, para mantelo seguro.
Cómpre lembrar que esta ampliación do espazo de Google Drive só poderá aplicarse a usuarios ordinarios de Google, e non para os de Google Apps.

PUBLICIDADE