Halo Wars 2 terá unha beta multi-xogador este mes

mércores, 11 de xaneiro do 2017 Marcus Fernández

O 21 de febreiro está previsto o lanzamento de Halo Wars 2 para Xbox One e Windows 10 (será compatible con Xbox Play Anywhere), devolvendo a estratexia en tempo real ao universo de Halo, e para que os xogadores poidan facerse unha idea do que ofrecerá este título, o vindeiro 20 de xaneiro lanzarán unha fase de probas do seu modo multi-xogador para facilitar o refinamento do xogo antes do seu lanzamento.
A beta do xogo, que desenvolverase até o día 30, estará centrada no modo Blitz, unha modalidade completamente nova baseada en naipes, o que supón un interesante xiro na xogabilidade dos xogos de estratexia en tempo real. O modo combina a construción de mazos de naipes e a toma de decisións ao momento, e por fortuna poderase probar antes do lanzamento oficial do xogo, axudando a que os seareiros comproben se a nova proposta compense a compra dun título que pode considerase un tanto caro, xa que o xogo solto custa 64,99 euros e a Ultimate Edition, co pase de tempada, custa 89,99 euros.

Vídeo promocional da beta do modo Blitz de Halo Wars 2

PUBLICIDADE