Hyperkin prepara un clon do mando da primeira Xbox
luns, 12 de xuño do 2017
Tras
presentar a Xbox
One X dentro da feira E3, Microsoft deu unha grande sorprensa aos amantes
das súas consolas de videoxogos: as consolas Xbox One contarán nos vindeiros
meses con retrocompatibilidade cos xogos da Xbox orixinal, e o fabricante de
accesorios Hyperkin non quixo deixar
pasar a ocasión anunciar un novo mando de consola chamado The Duke, e que vén a ser unha réplica do mando da Xbox de 2001, de
xeito que fará moito máis realista poder gozar dos vellos xogos en consolas
actuais.
O novo mando, que será compatible con Xbox One e Windows 10, funcionará con
cable e non será unha réplica exacta, xa que contará con pequenos cambios (considerados
como actualizacións) como a
substitución do logotipo de Xbox no medio do mando por unha pantalla LCD na que
amosarase un logotipo animado.
Polo momento non se deron detalles como o prezo e a data de lanzamento concreta deste
orixinal produto, pero todo apunta a que tratarase dunha edición limitada que
vai estar moi demanda, xa que os incondicionais da primeira Xbox considerarán
este mando como toda unha peza de colección.
VÃdeo co que Hyperkin anuncia o mando The Duke