Intermax Technology busca o último en tecnoloxía no Mobile World Congress

mércores, 27 de febreiro do 2019 Redacción

Na súa expedición ao Mobile World Congress de Barcelona, a empresa de banda larga para o rural Intermax busca adquirir os equipos e servizos máis punteiros para adaptalos e ofrecelos aos seus clientes.
A delegación galega en Barcelona auspiciada por Intermax tamén permitiu que empresas e organizadores de eventos como Galirent, Alce Consulting ou os coordinadores dos eventos da World Surf League en España puidesen manter estes días xuntanzas de traballo que confían en que frutifiquen na mellora de servizos aplicada coa tecnoloxía máis punteira e eficiente. Por exemplo, dende a World Surf League prometen revolucionar o seu deporte dun xeito equiparable ao que fixo o VAR co fútbol profesional.
As empresas galegas desprazadas ao Mobile World Congress teñen así a posibilidade de relacionarse con fabricantes e desenvolvedores tecnolóxicos de primeira orde mundial para incorporar aos seus activos importantes novidades tecnolóxicas que pasarán a formar parte do noso día a día, contribuíndo así á superación de retos tecnolóxicos e a unha mellor calidade de vida.

Galirent é unha das compañías galegas que está a explorar novas tecnoloxías para o seu negocio no Mobile World Congress

PUBLICIDADE