Ir Indo presenta este xoves en Santiago a Enciclopedia Galega Universal en Internet
mércores 9 de xullo do 2008, por | |
| Compartir |
Ir Indo presenta este xoves 10 de xullo o seu gran proxecto tecnolóxico-cultural da tempada (logo do dicionario en liña Digalego): a Enciclopedia Galega Universal en Internet, un proxecto dirixido por Bieito Ledo e que (tal e como se nome indica) vai encamiñado a ofrecer nunha soa web toda a información posible referente ao coñecemento universal e na nosa lingua. A enciclopedia virtual, que está neste intre en fase beta 1.0 (en fase aberta de desenvolvemento e suxeita a modificacións e actualizacións constantes, pero xa operativa), será presentada en Santiago no Hotel Porta do Camiño nun acto que contará coa presenza do vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e do propio director do proxecto e da propia editorial que lle dá acubillo, Bieito Ledo.
Asemade, tamén farán acto de presenza Helena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Senén Barro, reitor da Universidade de Santiago e máis Ramón Villares Paz, presidente do Consello da Cultura Galega.
O acto dará comezo ás 12 horas.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














