LG actualiza o seu colar con auriculares

martes, 29 de decembro do 2015 Marcus Fernández

En poucos días LG amosará no CES de Las Vegas unha nova versión do seu LG Tone Infinim (HBS-910), un accesorio que ofrece un son de alta calidade sen fíos que destaca polo seu deseño fino e elegante, e que poderá atoparse nas tendas norteamericanas no mes de febreiro, para chagar un pouco despois a Europa.
Esta especie de colar actúa como receptor Bluetooth, e agocha no seu interior o cable dun par de auriculares que ten nos seus extremos, de xeito que é un produto bastante discreto cando non está en uso. Aparte de como solución para escoitar música, o LG Tone Infinim tamén serve de mans libres para realizar chamadas, para o que incorpora dobre micrófono para a cancelación de ruído, permitindo así que poida realizarse unha chamada en ambientes ruidosos e incluso conta con funcionalidades para gravar conversas (a xeito de recordatorio) e localizar smartphones extraviados.

O LG Tone Infinim é unha solución que busca casar a funcionalidade dun mans libres coa elegancia dun deseño coidado

PUBLICIDADE