LG amosará os seus novos smartphones de gama media en Berlín

venres, 22 de agosto do 2014 Marcus Fernández

O LG L Fino ten unha pantalla de 4,5 polgadas

A primeiros de setembro LG vai amosar na feira IFA de Berlín os seus novos terminais de gama media dentro da nova familia L, que pretenden ser uns bos terminais de entrada para os que non precisen de conectividade 4G, á vez que contan cunha liña estética bastante elegante e un rendemento máis que suficiente para o usuario medio.
Os novos LG L Bello e LG L Fino adoptan o concepto de botón traseiro que tan boa acollida tivo no LG G2 e contan con procesadores de catro núcleos, 1 Gb de RAM, cámara de 8 Mpíxeles e Android 4.4.2, diferenciándose os modelos principalmente no seu tamaño.
O LG L Fino é o pequeno da familia, cunha pantalla IPS de 4,5 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, 4 Gb de almacenamento interno, batería de 1.900 mAh e un grosor de 11,9 milímetros; mentres que o LG L Bello optar por unha pantalla de 5 polgadas cunha resolución de 854 x 480 píxeles, 8 Gb de almacenamento interno, batería de 2.540 mAh e un grosor de 10,7 milímetros. Espérase que cheguen en poucos días ao mercado a prezos bastante axustados.

A pantalla do LG L Bello chega ás 5 polgadas, o que tamén permítelle ter un grosor inferior ao do LG L Fino

PUBLICIDADE