LG deixará de fabricar televisores de plasma
venres, 29 de agosto do 2014
- Televisor de plasma de LG presentado en 2009
LG non só está a ser o primeiro fabricante en
vender televisores OLED 4K, senón que tamén está a seguir a inevitable
tendencia do mercado na que se demostra que as novas tecnoloxÃas de pantalla
deixan obsoletas as antes aclamadas pantallas de plasma, e dende os medios
surcoreanos aseguran que LG
está a prepararse para suspender a fabricación de televisores de plasma ante o
derrubamento da súa demanda.
Actualmente LG estarÃa a estudiar a data na que cesarÃa a produción de plasmas,
polo que aÃnda non pecharon a data na que o segundo principal fabricante de
televisores do mundo dirÃa adeus a unha tecnoloxÃa que supuxo o comezo dos televisores
delgados de grande tamaño, pero que coas súa dificultades para ofrecer imaxes
de alta definición e o seu elevado consumo foi perdendo o atractivo, de xeito
que durante o ano pasado só se venderon 10,3 millóns de unidades (entre todos
os fabricantes) e prevese que tal volume non chegue aos 5 millóns de unidades
en 2015.
Os consumidores foron deixando de lado a tecnoloxÃa de plasma, especialmente
tras a baixada de prezo das pantallas LED, e agora a nova tecnoloxÃa á que
aspirar serÃa a OLED, que xa é unha realidade comercial, pero aÃnda precisa
dunha considerable redución de prezo para chegar ao grande público.
Samsung tamén está a traballar o cesamento da fabricación de televisores de
plasma, estando datada a fin da produción no 30 de novembro, mentres que
fabricantes como Panasonic xa deixaron de producir plasmas o ano pasado.