LG estrea procesador de seu no LG G3 Screen
venres, 24 de outubro do 2014
LG Electronics está a seguir os pasos de fabricantes como
Apple e Samsung, e comeza a integrar procesadores propios nos seus smartphones,
comezando polo LG G3 Screen, que será o primeiro teléfono en
contar co novo procesador NUCLUN, que integra un ARM Cortex A15 de catro
núcleos a 1,5 GHz e un ARM Cortex A7 de catro núcleos a 1,2 GHz, que se
empregan en función das necesidades de procesamento para optimizar o consumo de
baterÃa. O procesador tamén facilita o acceso a redes LTE-A de categorÃa 6, ou
sexa, que permite descargar a velocidades de até 225 Mbps.
O LG G3 Screen, aparte de estrear o procesador NUCLUN, non deixa de ser un
smartphone notable, cunha pantalla IPS Full HD de 5,9 polgadas, 2 Gb de RAM, 32
Gb de almacenamento interno (ampliable mediante microSD), cámara traseira de 13
MpÃxeles con estabilización óptica, cámara frontal de 2,1 MpÃxeles, un potente
altofalante de 1 watt, Android 4.4, baterÃa de 3.000 mAh, un grosor de 9,5
milÃmetros e un peso de 182 gramos.