LaconNetwork viaxa a Lugo o vindeiro venres
mércores 28 de xullo do 2010, por |
O vindeiro venres ás
14:30 o Restaurante Las Bridas de Lugo acollerá a 7ª
convocatoria de LaconNetwork, un encontro de emprendedores de base
tecnolóxica que ten lugar con periodicidade mensual e no que xúntanse múltiples
profesionais para intercambiar pareceres e experiencias, así como para crear
sinerxías entre os seus distintos proxectos, o que contribúe a fortalecer o
sector TIC galego, coma outras iniciativas coma os encontros Iniciador, e que a
suma destas actividades aspira a converterse nun lobby informal.
Os interesados en asistir deberán confirmar a súa participación
a través dun formulario en liña, podendo tamén comprobarse
a través de Facebook unha listaxe de profesionais que xa amosaron o seu
interese en participar esta semana nesta nova convocatoria que ten
lugar pese a estarmos en pleno verán, confirmando que o sector tecnolóxico non
descansa.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















