MAGZET fai magnéticos os conectores de auriculares

martes, 24 de marzo do 2015 Marcus Fernández

Durante bastantes anos os ordenadores portátiles de Apple destacaban por conectarse a corrente a través dun mecanismo magnético que evitaba que, no caso de que alguén tropezase co cable, o equipo rematase no chan á vez que tamén se evitaba que a persoa caese, xa que con pouca forza o cable desconéctase do equipo, e agora MAGZET quere levar o concepto de MagSafe a calquera conector de auriculares para o que organizan unha campaña en Kickstarter.
O MAGZET é unha curiosa solución composta por dous elementos: un conector femia de 3,5 milímetros (MAGkap) no que podemos conectar os nosos auriculares preferidos, e un conector macho de 3,5 milímetros (MAGjack), que iría no reprodutor ou equipo do que queiramos obter o audio. Ambos elementos irían unidos magneticamente, de xeito que converterían calquera toma de auriculares estándar nunha conexións máis segura.
Para facer realidade este produto, polo que os mecenas terían que aboar 35 dólares (31,91 euros), o que lles permitiría recibir o accesorio a partires do mes de decembro, aínda que non van ter doado facer realidade o MAGZET, xa que o obxectivo que fixeron para o mesmo é de 294.000 dólares.

Imaxe dun prototipo de MAGZET


Vídeo promocional da campaña en Kickstarter de MAGZET

PUBLICIDADE