SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Máis de 40 profesionais do sector TIC participaron da XXII LaconNetwork

venres 28 de outubro do 2011, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Esta tarde máis de 40 emprendedores e empresarios do sector TIC xuntáronse no Restaurante Praia de Quenxe en Corcubión para celebrar a 22ª edición da LaconNetwork, xantar empresarial que serve para estreitar as ligazóns entre as empresas do sector tecnolóxico galego, nun ambiente distendido que facilita o networking e contribúe á consolidación da identidade deste ámbito profesional na nosa comunidade.
Entre os asistentes da presente edición destacaban o enxeñeiro de telecomunicacións e escritor Xavier Alcalá, o blogastrónomo Manuel Gago, Manuel Pan (xerente de Abertal), Alejandro Lamas (director de Sixtema) e Daniel Cerqueiro, este último director de Galinus Taller de Novos Medios, empresa que se encargou da organización deste encontro, que por primeira vez repite vila.
Tras o habitual xantar, os asistentes puideron realizar unha viaxe en autobús para coñecer a beleza da Costa da Morte, acompañados polo historiador muxián Manuel Vilar. Esta actividade achegounos á Fervenza do Ézaro e ás casetas de pescadores de Caldebarcos (exemplo de recuperación mariñeira tradicional) para rematar a xornada cunha Foliada con músicos da zona.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS