Maldita Castilla EX chega a Steam

venres, 21 de outubro do 2016 Marcus Fernández

No verán recibiuse con grande entusiasmo na Xbox One o xogo Maldita Castilla EX, unha versión de mellorada do xogo para PC Maldita Castilla, desenvolvido de xeito altruísta por Locomalito, un coñecido desenvolvedor independente de xogos con aire retro, que desta volta homenaxeara ao clásico Ghost’n Goblins mudando a súa ambientación polo Reino de Castela.
Deste xeito, a obra orixinal de Locomalito podía gozarse en consolas de videoxogos por primeira vez, aínda que tendo que aboar 11,99 euros polo xogo, o que agora tamén pasa con Cursed Castilla (Maldita Castilla EX), que vén a ser unha versión para PC do título que Abylight desenvolvido para Xbox One, ou sexa, que ao estarmos ante a versión mellorada do xogo orixinal hai que pasar por caixa de querer facerse coa mesma, mentres que a versión orixinal continúa a estar dispoñible totalmente de balde.
O feito de que Maldita Castilla teña agora de xeito simultáneo unha versión de balde e outra comercial para PC é toda unha sorpresa, entendéndose que os usuarios que pasen por Steam a facerse co xogo por 10,79 euros (ten un 10% de desconto até o 27 de outubro como oferta de lanzamento) máis que querer facerse co xogo para a seu ordenador buscan contribuír á creación desta obra e outras do mesmo estilo que Locomalito e Abylight poidan facer.

Vídeo promocional do xogo

PUBLICIDADE