Menéame busca comprador
venres, 5 de xullo do 2024
A plataforma de recomendación de novas en base aos criterios dos usuarios de referencia en España, Menéame, dirixida polo galego Daniel Seijo dende 2016, está a anunciar a apertura dunha nova etapa, de xeito que até o vindeiro 31 de outubro escoitarán ofertas de adquisición da compañía, por un valor mínimo de 200.000 euros.
A plataforma conta actualmente con 75.000 usuarios únicos diarios e uns ingresos mensuais duns 9.000 euros. Aseguran que, de contar con varias ofertas semellantes, darán prioridade á que veña de usuarios activos da comunidade ou que entenda os valores que fixeron chegar a Menéame a onde está.