Microsoft adapta os seus últimos produtos ó catalán
luns 14 de maio do 2007, por | |
| Compartir |
O 1 de xuño chegarán
ás tendas os primeiros ordenadores con Windows Vista en catalán, mentres
que o paquete
de tradución a tal lingua esta dispoñible dende primeiros de abril. Pero
esta iniciativa lingüística non queda soa, e Microsoft vén de lanzar unha versión da súa web baixo o dominio .cat de xeito que aglutina os
recursos en catalán da compañía de Redmond.
Ademais, para que ós cidadáns cataláns chegue a información necesaria para
contar co seu propio Windows en catalán lanza unha campaña chamada Fes un clic al català (Fai un click ó
catalán) que premiará ós usuarios que promovan a tradución do Windows ó catalán.
Velaquí o spot promocional do Windows Vista en catalán:
Mentres que os cataláns non parecen ter problemas en ter o novo sistema operativo de Microsoft, os galegos aínda no temos a mesma sorte, de xeito que nos temos que conformar con ter traducidos o Windows XP e o Office 2003, mentres que as versións en galego da web de Microsoft, de Windows Vista e do Office 2007 parece que terán que agardar.
Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














