Microsoft despedirá a 1.850 empregados da súa división móbil

mércores, 25 de maio do 2016 Marcus Fernández

Microsoft anunciou hoxe unha nova reestruturación da súa división de fabricación de smartphones, que afectará a 1.850 empregados, co que a compañía de Redmond adelgaza a súa división de teléfonos conectados tras terse desprendido da súa división de teléfonos básicos, deixando claro que a empresa non ten interese na venda de teléfonos, preferindo centrarse no desenvolvemento de funcionalidades diferenciadoras como o modo Continuum de Windows 10. Satya Nadella asegura que “continuaremos a innovar en dispositivos e servizos na nube para todas as plataformas móbiles”.
Os despedimentos anunciados afectarían a 1.350 traballadores que proviñan de Nokia (Finlandia) aos que sumaranse outros 500 empregados espallados polo mundo, reestruturación que confían en completar antes do remate do ano fiscal que pechan en xullo de 2017.
Estas medidas parecen deixar claro que a actual dirección da compañía non confiaba nos pasos dados polos seus predecesores cando decidiron adquirir Nokia, e optan por fuxir da guerra polos sistemas operativos móbiles para centrarse directamente nos usuarios deses dispositivos.

PUBLICIDADE