Microsoft permitirá xogar de balde a Sunset Overdrive durante a xornada do sábado

venres, 21 de novembro do 2014 Marcus Fernández

Para celebrar o primeiro aniversario da Xbox One dende Microsoft ofrecen durante a xornada do sábado a posibilidade de xogar de balde ao xogo Sunset Overdrive, o que é unha boa oportunidade para probar o que presume de ser o seu principal xogo exclusivo para a campaña de Nadal antes de decidir a súa compra. Os usuarios que opten por adquirir o xogo conservarán todos os progresos conseguidos durante as 24 horas de promoción que só estaría dispoñible para subscritores de Xbox LIVE Gold.
Este título de Insomniac Games está á venda dende o pasado día 31 a un prezo de 59,99 euros para a súa edición ordinaria, estando tamén dispoñible unha edición de luxo que por 79,99 euros inclúe o pase de tempada do xogo e, para os que aínda non teñan unha Xbox One, está dispoñible unha edición especial da consola en cor branca co xogo que está á venda por 399,99 euros.


Trailer de lanzamento de Sunset Overdrive

PUBLICIDADE