Microsoft podería estar a preparar a xubilación do seu Messenger

luns, 5 de novembro do 2012 Marcus Fernández

O blog tecnolóxico The Verge vén de dar conta de comentarios achegados de distintas fontes que apuntarían a que Microsoft vai botar o pecho do servizo Windows Live Messenger, que nos vindeiros meses pasaría a integrarse totalmente con Skype, movemento que resulta bastante lóxico, pois non ten moito sentido que a compañía de Redmond compita consigo mesma nas aplicacións de mensaxería instantánea.
Ao parecer, o anuncio do cesamento de Windows Live Messenger podería chegar incluso a primeiros destas semana, buscando dende Microsoft que os usuarios pasen a identificarse en Skype empregando as súas contas de Microsoft (as utilizadas actualmente no Messenger), opción dispoñible actualmente en Skype 6.0 tanto nas súas versións de Mac como de Windows (que tamén aceptan a identificación a través de Facebook).

Skype podería substituír ao Messenger en breve

PUBLICIDADE