Microsoft rebaixa numerosos xogos para Xbox na súa tenda dixital

martes, 3 de maio do 2016 Marcus Fernández

Microsoft ofrece na súa tenda dixital de xogos para Xbox One e Xbox 360 unha interesante selección de ofertas que estarán vixentes até o vindeiro día 9, e que facilita así a adquisición de xogos de grande peso (sendo algunha das ofertas exclusivas para os subscritores Gold de Xbox LIVE), que poderán aforrar entre o 25% e o 100% do prezo de xogos e contidos descargables (os descontos do 100% aplícanse a expansións de xogo, como Battlefield Hardline: Robbery, que pese a ter un prezo de 14,99 euros estes días está dispoñible de balde para usuarios Gold).
Entre os xogos para Xbox One en oferta podemos destacar Star Wars Battlefront a 35 euros, Rise of the Tomb Raider por 45,49 euros e o paquete con Halo: The Master Chief Collection e Halo 5: Guardians por 59 euros; mentres que para Xbox 360 podemos atopar o primeiro Mass Effect por 9,99 euros, Star Wars: El Poder de la Fuerza por 7,49 euros e Shadow Complex por 4,74 euros.

PUBLICIDADE