Movistar distribuirá en España a Surface 3 con 4G
mércores, 1 de xullo do 2015
Hai 3 meses Microsoft anunciou a
súa tableta Surface 3, que viña a coller o relevo das anteriores tabletas
con Windows RT, pero optando agora a funcionar cun Windows 8.1 completo e
actualizable a Windows 10, e aÃnda que ao chegar a
España decepcionou cos seus prezos (demasiado próximos aos da Surface Pro
3) parecÃa un produto bastante interesante para os que busquen un equipo de
grande portabilidade ao que lle faltaba un detalle que se solucionará en breve,
xa que Microsoft confirma agora que está a
comezar a distribución europea do seu modelo con 4G.
A tableta Surface 3 comezará a venderse o venres en Alemaña e Reino Unido, para
chegar despois a Francia e España, detallándose que a compañÃa que
comercializará a versión LTE da Surface 3 no noso territorio será Movistar, o
que poderÃa ser de especial interese para usuarios corporativos, que poden ver
na Surface 3 unha solución informática móbil moi versátil.
A Surface 3 con 4G chegará en 2 configuracións con 4 GB de RAM e 64 e 128 GB de
almacenamento interno respectivamente, contando en ambos casos con Windows 8.1
(actualizable a Windows 10) buscando asà funcionar coma un ordenador portátil
cando se ten conectado á súa funda con teclado, ou como tableta con stylus cando se desprende de tal
accesorio.