Movistar inclúe 4G+ nas súas tarifas de prepagamento

martes, 24 de novembro do 2015 Redacción

A partires do 1 de decembro Movistar renova as súas tarifas de prepagamento e ofrece novas opcións de datos con 4G+, chamadas dende 0 céntimos o minuto e unha maior flexibilidade á hora de controlar o gasto sen compromiso de recarga, de xeito que parece normalizarse entre os principais operadores españois a oferta de conectividade móbil 4G para os seus clientes de tarxetas de prepagamento.
As novas tarifas de prepagamento de Movistar serían: Habla 6 (con chamadas a 6 céntimos/minuto a calquera hora e sen compromiso de recarga), Vive 7 (con 600 MB de datos por 7 euros/mes e chamadas a 3 céntimos/minuto) e Vive 13 (con 1 GB de datos 4G+ e chamadas a 0 céntimos/minuto por 13 euros/mes). Estas tres tarifas inclúen chamadas internacionais a fixos e móbiles de máis de 40 países por 1,21 céntimos/minuto.
As novas tarifas están dispoñibles en tendas Movistar e a través da Internet, podendo adquirir o cliente unha Tarjeta SIM Only con calquera das 3 tarifas recargándoa cun saldo mínimo de 5 euros, estando tamén dispoñible nun lote de tarxeta SIM cun terminal LG e saldo.
Tamén é posible que os clientes de Fusión ou Contrato Móbil poidan contratar liñas de prepagamento, realizando recargas puntuais e periódicas contra a súa factura para a súa comodidade e mellor planificación do gasto.

PUBLICIDADE