Nova edición do premio de xornalismo e telecomunicacións organizado por Masvoz

luns, 11 de agosto do 2014 Redacción

Masvoz, operador de telecomunicacións especializado en servizos para empresas dende a nube, convocou a II Edición do Premio Masvoz de Xornalismo e Telecomunicacións. O obxectivo da convocatoria é premiar o traballo de todos os profesionais do periodismo que co seu esforzo contribúen diariamente a achegar á nosa sociedade a realidade do progreso tecnolóxico, así como apoiar e incentivar a divulgación de coñecementos en materia de telecomunicacións.
Poderán optar ao premio todos os traballos xornalísticos publicados en calquera das linguas oficiais do Estado entre o 1 de setembro de 2013 e o 31 de agosto de 2014. Aceptaranse traballos procedentes de medios impresos, audiovisuais ou en soporte electrónico, cuxa temática xire en torno ás telecomunicacións.
O premio está dotado con 1.000 euros para o traballo gañador e será outorgado por un xurado integrado por profesionais da empresa, as telecomunicacións e o periodismo. Tamén se entregarán diplomas conmemorativos a 4 finalistas. Para emitir o seu fallo, o xurado terá en conta factores como o rigor da información, a fiabilidade e a diversidade das fontes utilizadas, a orixinalidade no enfoque dos traballos, o interese social e a dificultade da súa elaboración.
Todos os traballos que desexen optar ao galardón poden presentarse ata o día 31 de agosto de 2014 en formato electrónico a través do correo electrónico ou enviarse por correo postal ao Departamento de Comunicación deMasvoz (Masvoz - Vía Augusta, 59. 08006 Barcelona). As bases do certame están dispoñibles en liña en formato PDF.

PUBLICIDADE