Nova edición dos cursos sobre as aplicacións prácticas da IA para a cidadanía

luns, 28 de outubro do 2024 Redacción

A AMTEGA pon en marcha a unha nova edición do programa formativo A Intelixencia Artificial no día a día para achegar as vantaxes da IA entre a cidadanía nun total de 17 xornadas que se realizarán de xeito presencial durante os meses de novembro e decembro en aulas da Rede CeMIT.
A formación, destinada especialmente a persoas maiores de 55 anos, achega aos participantes os conceptos e características básicas da IA, o seu impacto no día a día e a súa contribución á sociedade. Son sesións de 90 minutos de duración, nas que se presentan casos prácticos de emprego da intelixencia artificial na vida cotiá, así como as posibles barreiras ou dificultades no seu uso e os posibles riscos.
O obxectivo das xornadas é que os participantes poidan adquirir as competencias necesarias para o uso de ferramentas que empregan a IA como o móbil, asistentes persoais, tradutores instantáneos ou a xeración de imaxes, entre outros.

Calendario dos cursos

Aula CeMIT

Data e horario

Inscrición

San Sadurniño

5 de novembro de 11:00 a 12:30 horas

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48151 

Fisterra

7 de novembro de 16:30 a 18:00 horas

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48152 

Betanzos

11 de novembro de 10:00 a 11:30 horas

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48121 

Fisterra

12 de novembro de 10:00 a 11:30 horas

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48153 

Santa Comba

12 de novembro de 17:00 a 18:30 horas

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48161 

Catoira

13 de novembro de 12:00 a 13:30 horas

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48163 

Cuntis

13 de novembro de 16:30 a 18:00 horas

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48165 

O Barco de Valdeorras

14 de novembro de 11:00 a 12:30 horas

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48088 

Ortigueira

19 de novembro de 10:30 a 12:00 horas

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48166 

O Vicedo

22 de novembro de 16:30 a 18:00 horas

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48167 

Valga

25 de novembro de 10:00 a 11:30 horas

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48168 

Guitiriz

26 de novembro de 10.30 a 12:00 horas

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48169 

Vigo

27 de novembro de 10:00 a 11:30 horas

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48080 

Pontevedra

2 de decembro de 10:00 a 11:30 horas

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48170 

Brión

10 de decembro de 19:30 a 21:00 horas

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48171 

Leiro

18 de decembro de 10:00 a 11:30 horas

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48091 

Celanova

18 de decembro de 16:00 a 17:30 horas

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/48172