Nova tenda en liña de produtos galegos

xoves, 1 de setembro do 2011 Marcus Fernández

A empresa coruñesa Manufacturas de Internet vén de colaborar con El Rincón de Galicia Alimentos Artesanos, S.L. e DunaGroup Publicidad para a creación dunha nova tenda en liña chamada El Rincón de Galicia, de doada navegación e coidada estética que quere pór no mercado estatal (nesta primeira etapa) unha elección de produtos galegos de alta calidade de provedores seleccionados, para achegar ao mercado gourmet.
Este proxecto destaca pola súa loxística, pois foron que de ofrecer uns gastos de envío para a península de 13,95 euros para todos os pedidos con independencia do peso e do volume (os portes serían de 19,95 euros á Illas Baleares e de 21 euros a Portugal), aceptando tamén numerosos xeitos de pagamento como tarxetas de crédito (Visa, MasterCard, 4B, American Express, Maestro e Virtual Cash), Paypal e transferencia bancaria.
A nova tenda en liña ten no seu catálogo viños seleccionados, licores, peixe fresco, marisco, queixo, carne, embutidos, patacas, doces... de xeito que dende calquera lugar da Península Ibérica será posible facerse cunha torta de Santiago, unha empanada galega, un queixo de tetilla ou licor café, para poder gozar fóra da nosa terra da gastronomía galega.

PUBLICIDADE