Novo número da nosa edición impresa

mércores, 29 de xullo do 2015 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou dende a nosa aplicación para iPad.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención ao programa ACEint, promovido polo IGAPE para favorecer o crecemento das empresas tecnolóxicas galegas.
Tamén destacamos outros temas como:
- O Goberno galego presenta as liñas de acción da Axenda Dixital 2020
- Vodafone elixe Ourense para estrear o 4G na banda dos 800 MHz
- Vodafone estrea nas praias tecnoloxía de drons para mellorar posíbeis rescates
- O Foro Expertise serviu para reivindicar máis e mellores alianzas arredor da transferencia
- O CITIC avalía os logros obtidos a través da súa tecnoloxía FilmYou
- O CiTIUS e a USC achegan o máster referencial a nivel estatal en materia de Big Data
- Telefónica presentou a nova edición de Galicia Open Future no centro CiTIUS
- A USC prepara un curso sobre narrativas dixitais
- A Tecnópole amosa catro novas incorporacións innovadoras ao seu seo
- Os consumidores galegos avalían a calidade de servizos dos operadores
- Ponse en marcha Setestrelo, a canle científica do Consello da Cultura Galega
- Santiago será o epicentro do emprendemento con software libre a través de Librecon
- Mundos Dixitais explorou un ano máis a vangarda do cinema virtual e os videoxogos
- Etsy.com facilita a venda de artesanía na web

PUBLICIDADE