Novo número da nosa edición impresa

mércores, 4 de maio do 2016 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención ao Plan de Inclusión Dixital que pretende contribuír a unha sociedade sen fendas.
Tamén destacamos outros temas como:
- Gradiant exporá as súas tecnoloxías para UAV no evento XPonential dos Estados Unidos
- Convocadas novas axudas para levar a Internet de alta velocidade aos nosos polígonos
- Case un cento de proxectos presentáronse á terceira edición de Galicia Open Future
- En marcha unha nova oportunidade para impulsar as nosas ideas innovadoras da man de Wayra
- InLugo realizou en 2015 unhas 300 actividades TIC para os maiores
- A galega Lares ofrece tecnoloxías de realidade virtual para buscarmos inmóbeis na Rede
- Abanca estrea en Vigo a oficina do futuro
- O CPEIG celebra a Noite de Enxeñaría en Informática de Galicia o vindeiro 3 de xuño
- O CPEIG e o CESGA celebraron o Día das Rapazas nas TIC
- O CITIC amosou en Valencia tecnoloxías para facer contornas portuarias smart
- Deputación de Ourense: ICCWeek
- O CPETIG e AMTEGA preparan a VI Xornada de Informática Xudicial
- Analizamos as principais propostas galegas de programación aberta da tempada
- A nova firma galega APDTIC advírtenos dos riscos de non termos os datos protexidos
- A Deputación de Pontevedra oferta unha manchea de cursos sobre tecnoloxías para maio

PUBLICIDADE