Novo número da nosa edición impresa

xoves, 19 de xaneiro do 2017 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención a DICO Summit, encontro que os días 24 e 25 de xaneiro amosará as últimas tendencias en contidos dixitais no Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia. Tamén destacamos outros temas como:
- O CITIC comeza 2017 cun manchea de retos, desafíos e novas ilusións
- Vodafone e AMTEGA poñen en marcha Connecting for Good Galicia
- Aproba a súa estrutura definitiva o polo de innovación da USC e Gradiant
- A directora de AMTEGA, Mar Pereira, fálanos dos retos da axencia para 2017
- O CPEIG, a FIC e a ESEI impulsaron unha chea de accións ao abeiro da Hora do Código
- A Deputación emprazou a Lugo no epicentro da reflexión arredor das redes sociais

PUBLICIDADE