O 8 de xaneiro celebrarase na Coruña un obradoiro de balde para estar ao día nas TIC

luns, 28 de decembro do 2015 Marcus Fernández

O centro de formación Virtual TIC sito no nº 4 da rúa Rosalía de Castro da Coruña organiza o vindeiro día 8 de xaneiro ás 17:00 horas un curioso obradoiro de formación TIC de balde, no que Iñaki Quenerapú instruirá a 20 asistentes durante 3 horas no tema máis votado antes do Día de Reis dunha listaxe de 20, dos que está actualmente en primeiro lugar Unha tenda en liña en minutos.
Esta xornada está dentro de Píldoras TIC, Talleres Formativos Para Estar Ao Día, unha serie de 20 obradoiros de tres horas cada un para actualizar os coñecementos TIC dun xeito divertido, que abordan temáticas moi variadas, que van dende a creación dun blog até a formación dunha aula en liña, pasando polo uso de wikis e o subtitulado de vídeos, de xeito que é doado atopar sesións de interese para practicamente calquera que mente inqueda que guste da tecnoloxía.

PUBLICIDADE