O Apple Watch Nike+ sairá á venda en dúas semanas

venres, 14 de outubro do 2016 Marcus Fernández

A mes e medio da presentación da nova xeración do Apple Watch, por fin sabemos a data na que o seu modelo máis esperado chegará ao mercado español, figurando na súa páxina web que o Apple Watch Nike+ estará dispoñible a partires do 28 de outubro a un prezo de 439 euros con caixa de 38 milímetros e a 469 euros con caixa de 42 milímetros.
Este smartwatch de Apple inclúe as novidades do Apple Watch series 2, ou sexa, resistencia á auga e GPS, polo que é bastante máis apto que a primeira xeración do reloxo conectado de Apple para a práctica deportiva, aínda que o modelo que chega da man de Nike non só se distinguirá por contar cunha correa transpirable, senón tamén a nivel de software, con esferas exclusivas de Nike e a aplicación de Nike+ Run Club (que busca acompañar ao usuario mentres corre).
O reloxo non só busca a comunicación do iPhone, senón que persegue obxectivos como os dos reloxos deportivos, ou sexa, controlar os progresos do usuario e motivar con recordatorios de actividade e funcións sociais (como establecendo comparacións cos amigos ou permitindo competir mediante táboas de clasificación).

O Apple Watch Nike+ quere animar á práctica deportiva

PUBLICIDADE