O COETG-AETG e Escola de Enxeñaría de Telecomunicación traballan xa en San Teleko XL

mércores, 7 de outubro do 2015 Redacción

O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG), logo da celebración das TIC galegas celebrada os días pasados na Toxa (trescentos participantes, unha chea de premios, bos agoiros para o noso tecido produtivo tecnolóxico), está xa a preparar outra cita importante para os nosos profesionais (presentes e futuros) das telecomunicacións. Trátase do evento San Teleko XL, en cuxa organización están traballar xa a o COETG-AETG e máis a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Celebrarase o vindeiro 24 de outubro.
Será, ante todo, unha xuntanza entre compañeiros dirixida a impulsar aínda máis a confraternización entre enxeñeiras e enxeñeiros de Telecomunicación en Galicia. O formato será aberto (poderán participar as familias) e as actividades (pensadas para todas e todos) rematarán cun xantar na propia Escola. O programa, por certo, xa foi publicado na Rede en formato PDF.
O COETG patrocinará o evento subvencionando a inscrición dos colexiados e asociados en Galicia. Para inscribirnos na cita, cómpre enviar un correo electrónico a agua@aguademayomarketing.com indicando nome completo, teléfono, enderezo de correo electrónico, número de colexiada/o, ano de comezo de estudos e número de asistentes. A data tope para a inscrición é o 14 de outubro ás 12 horas. A partir de dita data non se subvencionará a inscrición.

PUBLICIDADE