O CPEIG organiza un curso de análise forense en dispositivos móbiles

luns, 31 de agosto do 2015 Redacción

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) abre o prazo de inscrición no curso Análise Forense en dispositivos Móbiles, ofertando un total de 20 prazas, e que desenvolverase en Santiago de Compostela os días 18, 19, 25 e 26 de setembro e os 2, 3, 9 e 10 de outubro, en horario de 17:00 a 20:30 horas os venres e de 9:30 a 13:30 horas os sábados.
O obxectivo do curso é aprender as novas técnicas de adquisición, preservación e análise en dispositivos móbiles. Neste curso os asistentes poderán adquirir os coñecementos necesarios e ferramentas coas que abordar con éxito unha análise forense.
O curso ten unha duración de 30 horas e está orientado a técnicos, técnicos especialistas, informáticos, técnicos e responsables da seguridade da información, analistas forenses, peritos xudiciais e peritos informáticos. Tamén a calquera entusiasta da tecnoloxía, podendo formalizarse a súa inscrición en liña e estando limitadas as súas prazas a 20.

PUBLICIDADE