O Camiño dos Satélites chega a Bruxelas

mércores, 1 de decembro do 2010 Fernando Sarasketa

AGESTIC presenta esta semana perante a Unión Europea a iniciativa O Camiño dos Satélites, posta en marcha pola asociación galega e pola Fundación Tecnoloxía Social e dirixida a favorecer a inclusión dixital de toda a cidadanía. Máis polo miúdo, AGESTIC dará a coñecer O Camiño na Conferencia do Día Europeo da Discapacidade, a celebrar en Bruxelas os días 2 e 3 de decembro. A asociación empresarial galega, convidada ao evento pola directora para o Emprego e a Política Social da UE, asume a súa presenza na Conferencia como un recoñecemento “á calidade dun proxecto tecnolóxico de éxito que contribúe á integración tecnolóxica das persoas con diversidade funcional”.

As intervencións de AGESTIC e a Fundación Tecnoloxía Social, representadas polos seus presidentes José María López Bourio e Enrique Varela Couceiro, levaranse a cabo na European Commision Policy Conference, no edificio Carlomagno. Alí, ámbalas dúas entidades contarán cun centro de operacións propio de seu para establecer contactos cos membros da Comisión Europea con responsabilidade nas áreas de discapacidade, TICs e empresa. A idea é acadar os máximos apoios posibles para dar continuidade ao proxecto no período 2011-2013.

PUBLICIDADE