O Centro Demostrador TIC incorpora novos servizos para achegar a tecnoloxÃa aos sectores produtivos
xoves, 28 de agosto do 2014
O Centro Demostrador TIC da AMTEGA amplÃa a súa carteira de
servizos para que PEME e autónomos poidan acceder máis facilmente á oferta
tecnolóxica que existe no mercado, tal e como explicou
esta mañá a directora da AMTEGA, Mar Pereira, nunha presentación na que
tamén interviñeron o presidente do Clúster TIC, Antonio RodrÃguez del Corral, e
o presidente de FEAGA, Francisco Javier Pérez Bello.
O Servizo de Consultas TIC, o Servizo CDTIC Virtual e o Servizo de Streaming
son as actuacións que dende hoxe entran a formar parte da carteira que
desenvolve o Centro desde hai tres anos para unir a oferta TIC e a demanda dos
restantes sectores empresariais galegos.
Novos servizos
O primeiro destes novos servizos, o de Consultas TIC, ten como obxectivo
resolver dúbidas ou cuestións vinculadas a solucións tecnolóxicas dispoñibles
para PEME e profesionais autónomos. O funcionamento é sinxelo, xa que
simplemente cómpre cubrir o
formulario habilitado na páxina web do Centro.
Unha vez recibida a consulta, o CDTIC traballará na súa
resolución e enviaralle unha resposta nun prazo máximo de 96 horas. Nestas
respostas incluiranse, sempre que sexa posible e existan alternativas de
calidade, referencias a solucións libres que cubran as necesidades expostas
pola empresa ou profesional autónomo.
O Servizo CDTIC Virtual, ofreceralles ás empresas e persoas
usuarias a posibilidade de analizar e probar solucións empresarias libres que
están aloxadas na nube. Deste xeito poderán coñecer e avaliar a utilidade e
adecuación ás súas necesidades de solucións tecnolóxicas dispoñibles para o seu
sector. Para empregar o servizo só é preciso solicitalo na web
do Centro e tras verificar a súa petición habilitaráselle un perÃodo de
proba.
As vantaxes desde servizo para a empresa son que proporciona
unha infraestrutura para probar un servizo sen necesidade de que a empresa
dispoña da mesma; asà como permite aforrar tempo dun administrador de sistemas
e recursos informáticos.
Este servizo inÃciase coa aplicación Owncloud, unha solución
libre que permite dispoñer dun servizo de almacenamento e compartición segura
de ficheiros na nube destinada principalmente a PEME e profesionais autónomos.
Trátase dunha alternativa libre a outras solucións privativas presentes no
mercado.
O CDTIC prevé ir incorporando progresivamente aplicacións
dispoñibles baseadas en software libre para que as persoas usuarias poidan
experimentalas facilmente. A seguinte solución que se ofrecerá será Xeshostal
que permite a xestión en liña (a través de internet) de establecementos
hostaleiros, que foi liberada o ano pasado pola AMTEGA en colaboración coa
Axencia de Turismo. A aplicación é unha ferramenta pioneira para mellorar a
xestión dos pequenos establecementos turÃsticos e para compartir datos.
Por último, o Servizo Streaming está deseñado para as
persoas que queiran asistir ás actividades levadas a cabo polo CDTIC, pero que
non teñen a posibilidade de desprazarse ata as súas instalacións. Simplemente
cun dispositivo con conexión a internet, as persoas interesadas poderán seguir
os actos desde calquera localización.
Ademais dos novos servizos, Mar Pereira adiantou que hoxe se
inicia unha campaña para ampliar o Mapa TIC.gal o punto de encontro virtual
para provedores e demandantes de tecnoloxÃa, no que están inscritos máis de 250
provedores TIC galegos e onde se recollen máis de 500 solucións TIC e, que
desde a súa posta en marcha en 2012, acadou máis de 10.000 visitas web.
Tres anos de escaparate tecnolóxico de Galicia
A directora da AMTEGA fixo tamén balance dos principais logros acadados nos
tres anos de funcionamento do CDTIC. AsÃ, destacou que dende a súa posta en
marcha, en xullo de 2011, este centro cumpriu o seu maior reto servir de
escaparate tecnolóxico de Galicia, fomentando a interrelación entre a oferta do
sector TIC e as empresas galegas.
Desde a súa posta en marcha o CDTIC organizou máis de cen
actividades nas que participaron arredor de cen empresas TIC colaboradoras e
máis de mil empresas asistentes. En total, impartÃronse máis de 300 horas de
formación TIC altamente especializada cun nivel de satisfacción entre as
empresas moi elevado.
Entre os beneficios percibidos polo sector empresarial,
cómpre destacar que o 45 % das empresas tecnolóxicas que presentaron solucións
TIC no centro recibiu peticións de orzamento e o 26 % pechou, polo menos, un
contrato. Por outra banda, entre as empresas demandantes que asistiron ao
CDTIC, o 90 % accedeu a provedores e solucións TIC que non coñecÃa ata o seu
paso polo centro e o 67 % afirma ter interese por implantar este tipo de
solucións.
Ademais, puxéronse en marcha servizos como o Mapa de
Capacidades Tecnolóxicas de Galicia, o MapaTIC.gal, plataforma web do Centro de
mostrador TIC que dispón dun directorio categorizado de empresas, produtos e
servizos tecnolóxicos. Unha ferramenta de gran utilidade cuxa información se
ampliará ao longo deste ano.
Asà mesmo, descentralizáronse as actividades do CDTIC a
través de videoconferencias coas 98 aulas CeMIT existentes, publicáronse
catálogos de provedores e solucións TIC sectoriais, e colaborouse cos
principais axentes do sector TIC e do resto de sectores empresariais galegos.
Valoración positiva do sector TIC e dos autónomos galegos
Antonio RodrÃguez del Corral, presidente do Clúster TIC, Galicia salientou
o papel do CDTIC como ferramenta para facer chegar ás PEME produtos tecnolóxicos
desenvolvidos polo sector TIC galego que contribúen á mellora da
competitividade. Sinalou que o sector dixital é actualmente unha das
locomotoras do emprego en Europa e puxo de relevo a importancia da suma de
esforzos para o seu desenvolvemento en Galicia través do programa
Transformatic, impulsado pola AMTEGA, que supón o aliñamento das estratexias da
Administración autonómica, as universidades, os centros tecnolóxicos e as
empresas.
Pola súa banda, o presidente de FEAGA, Francisco Javier
Pérez Bello, indicou que o achegamento das ferramentas TIC aos autónomos e PEME
é fundamental para aumentar a produtividade e a competitividade de este sector
tan importante e tan necesitado das mesmas. FEAGA agradece o esforzo que se ven
a facer dende a Xunta de Galicia para tentar achegar os produtos tecnolóxicos
desenvolvidos polo sector TIC galego a todos os autónomos, e colaborarán na
difusión e promoción, como xa veñen facendo, do coñecemento e do uso de todas
estas ferramentas entre todos os autónomos.