O CiTIUS celebrará unha xornada de demostracións o 8 de xullo

xoves, 23 de xuño do 2016 Marcus Fernández

O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da Universidade de Santiago de Compostela (CiTIUS) celebrará o vindeiro 8 de xullo a II Xornada de Demostracións Tecnolóxica Inside the Lab, oportunidade para demostrar a capacidade de transformar os resultados científicos en tecnoloxías innovadoras, que nalgún caso sitúanse como referente mundial. Estamos ante unha xornada de visualización do talento, da exploración de novos desafíos e de constatación de como a investigación que se fai dende a USC pode facerse un oco entre a vangarda tecnolóxica.
A través da páxina web da xornada é posible inscribirse para poder acudir a esta actividade que estará dividida en 18 demostracións descritas do seguinte xeito:
- Do Big Data ao Data-to-Text
- Recomendacións que axudan a elixir mellor
- Autocoidado e mellora da adherencia a medicación
- Estás deseñando un produto? Predición do gusto do consumidor
- Tecnoloxía Lingüística para extraer información do magma textual
- Localización e reconstrución 3D dunha escena
- Minería de procesos: queres saber o que realmente sucede no teu negocio?
- Visualización da información enerxética dun edificio
- Acceso integrado a datos medioambientais
- Estimación de volume en imaxe de resonancia magnética
- Monitorización de tráfico mediante visión por computador
- Visión 3D mediante sensores de tempo de voo
- Análise de territorio mediante imaxe hiperespectral
- Solución LIDAR aerotransportadas
- Spin-off: Situm, indoor positioning
- Spin-off: Imagames

PUBLICIDADE