O Cluster do Libro Galego organiza unha nova edición dos seus seminarios sobre TIC e empresas culturais

luns, 17 de outubro do 2011 Fernando Sarasketa

Temos á vista unha nova oportunidade para ampliar os nosos coñecementos en novos xeitos de crear deseño gráfico e obras culturais tirando o máximo partido das redes e das ferramentas tecnolóxicas. Esta nova oportunidade vén da man do Cluster do Produto Gráfico e do Libro Galego, que vai organizar os vindeiros días a segunda edición das xornadas Trend & Creativity, na Cidade da Cultura en Santiago. Os seminarios, informa a plataforma empresarial, que conta para este programa co apoio da Consellería de Economía, desenvolveranse os vindeiros xoves, 20 e 27 de outubro e 4 de novembro.
As xornadas artellaranse en dous eixes temático-formais: Mañás dos expertos e Tardes de boas prácticas. O obxectivo específico destas actividades é ofrecer un punto de vista o máis nidio posíbel da situación da edición, a promoción e os medios sociais (redes sociais 2.0), ao tempo que se amosan casos de éxito neste novo xeito de facer e comercializar cultura, casos entre os que se inclúen iniciativas de aproveitamento das comunidades virtuais ou de novas aplicacións móbiles.
As xornadas son abertas e de balde, previa inscrición. Segundo engade o cluster como novidade con respecto á anterior convocatoria, dicir que está previsto un obradoiro práctico sobre publicacións electrónicas, un evento programado para dúas xornadas (2 e 3 de novembro) no que se afondará en cuestións como a maquetación, o deseño gráfico, a estrutura e estándares das ePub ou o emprego de formatos como o mobiPocket ou o Calibre. Esta actividade práctica xorde para dar resposta á demanda da información e habilidades sobre novas tecnoloxías avanzadas que se está a dar entre os profesionais galegos. “Na edición pasada xa tivemos oportunidade de abordar algúns dos temas que volveremos a tocar pero con maior fondura, acadando novas visións da situación que abren os social media e as novas tecnoloxías para o sector editorial”, explica o secretario do cluster, Juan Penas.
Segundo engade a plataforma empresarial, o director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos da Xunta de Galicia, Francisco López; o director de Google Books para España y Portugal, Luis Collado ou o secretario da Asociación Española de Responsables de Comunidad (AERCO), Francisco Pérez serán algúns dos participantes no programa das xornadas, programa que, por certo, adiantamos en tódolos seus detalles:

Programa
#trendscreativity Tendencias e tecnoloxías
Xoves 20 de outubro
De 09.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.00
As mañás dos expertos
Luis Collado (@luiscollado). Director de Google Books para España e Portugal
César González. Contact Comunicación
Vicente de Gracia. AIDO. Instituto Tecnolóxico Cor e Imaxe
As tardes das boas prácticas
Modera: Jorge Cebreriros. Socio director de Info JC (@InfoJC_Galicia)
Verkami. Joan Sala (@vermaki). Plataforma de crowdfunding para proxectos creativos
Bluguías. Pablo Conde (@bluguia). Guías turísticas en GPS
Abastos 2.0. Iago Pazos (@abastos20). Espazo gastronómico
#trendscreativity Social media
Xoves 27 de outubro
De 09.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.00
As mañás dos expertos
Juan Merodio (@juanmerodio). Web & SEO/SMO Manager de Marketing Surfers
Francisco Pérez (@aerco_comunidad). Secretario de AERCO (Asociación Española de Responsables de Comunidad)
Fidel Martín (@RRHHSocialMedia). Responsable da delegación de Socialmedia Network en Galicia
As tardes das boas prácticas
Modera: Lucía Gómez. Social media manager de Elogia (@LuciaGEs)
Gallina Blanca. Raimon Casals (@gallinablanca). Aplicacións e redes sociais
Xacobeo. Ivar Rekve (@ivarrekve). A xestión dunha comunidade en liña
Vino Gallego. Emanuel Casais (@vinogallego). Estratexia dixital
#trendscreativity Deseño, creatividade e innovación
Venres 4 de novembro
De 09.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.00
As mañás dos expertos
Antonio Almenara (@linkingheads). Linking Heads
Rubén Anadón (@mrdelarge). Director de arte de DRAFTFCB e profesor da Elisava
Borja Piñeiro (@BCD_barcelona). Técnico de Barcelona Centre de Disseny
As tardes das boas prácticas
Modera: Jaime Conde. Director xeral de Quattro idcp (@jaime_conde)
#trendscreativity Obradoiro práctico sobre ePub
Mércores 1 e xoves 2 de novembro
De 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 (mércores)
De 9.00 a 14.00 (xoves)
Contidos
1. O libro electrónico
2. Creación de libros con procesadores de texto
3. Maquetación en Adobe InDesign
4. Estrutura e estándares
5. Outros formatos: PDF, mobiPocket, Calibre...
6. Conversión entre formatos
7. Diferenzas ePub e mobiPocket

PUBLICIDADE