SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

O EatsAndTwitts estréase na Coruña

mércores 30 de marzo do 2011, por Marcus Fernández | | Compartir | |

A cantidade de eventos de carácter tecnolóxico repartidos pola xeografía galega é cada vez maior, e tras o éxito do EatsAndTwitts en Vigo e Santiago, organízase un novo evento deste tipo para o vindeiro xoves ás 14:00 horas no Hotel Tryp Coruña sito na rúa Ramón y Cajal, 53 de A Coruña.
Este evento é de carácter aberto, asistindo normalmente usuarios de Twitter e outras plataformas sociais (coma Facebook, Linkedin ou Xing) para desvirtualizarse e facer networking, persoal e profesional, mentres se celebra un xantar, sendo habitual que entre os participantes estean enxeñeiros, publicistas, informáticos, comerciais, deseñadores… conformando unha masa variada da que a única condición para formar parte é realizar o pagamento dos 22 euros que custa o xantar, e que pode facerse a través de Ticketea.

JPEG - 144.9 KB
Fotografía tomada durante o EatsAndTwitts celebrado en Vigo o pasado mes de novembro
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS