PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

O Firefox 3 quere ser a aplicación informática máis descargada en 24 horas

xoves 29 de maio do 2008, por Marcus Fernández | | Compartir en Tuenti | Compartir |

PNG - 15.1 KB
Botón para animar á celebración do Download Day

A Fundación Mozilla quere que o lanzamento da versión oficial de Firefox 3 sexa todo un acontecemento, e para contribuír a tal fin quere que quede rexistrado no libro Guineness como a aplicación informática máis descargada en 24 horas, polo que inician unha campaña chamada Download Day, e que permite aos usuarios a inscrición para recibir un aviso cando xa se poida descargar o novo programa durante o mes de xuño para que nese momento se produza unha descarga masiva do popular navegador.
Tamén se busca que os seguidores deste programa fomenten a súa instalación dende os seus blogs e páxinas webs incrustando botóns e anuncios para dar a coñecer o día no que se poderá descargar o Firefox 3 (aínda por determinar).
Actualmente se estima que o número de usuarios de Firefox está formada por uns 175 millóns de persoas, e de seguro que recibirán con agrado a nova versión que inclúe máis de 14.000 melloras, destacando polo seu maior rendemento, menor consumo de memoria, uso máis doado, sistema de protección contra phishing e malware, características orientadas á corrección ortográfica e unha chega de complementos para adaptar o navegador ás nosas necesidades.
Agardemos que a expectación creada non leve aos responsables do programa a lanzar unha versión pouco madura do navegador, pois nos últimos días se atoparon 10 fallos graves na súa primeira versión candidata, que cómpre corrixir con urxencia.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS