O GALAXY Note 4 podería presentar unha preocupante fenda entre pantalla e marco

martes, 30 de setembro do 2014 Marcus Fernández

Non chegaba con que o iPhone 6 e o iPhone 6 Plus tivesen que facer fronte a unha polémica relativa á súa susceptibilidade ao dobrado coñecido como bendgate, e este rebumbio provocou que un defecto de fabricación de varias unidades do Samsung GALAXY Note 4 distribuídas en Corea do Sur levasen a que agora se fale do gapgate, describindo así unha separación presente entre a pantalla do terminal e o seu marco, que nalgún caso é tan grande como para permitir a introdución dunha tarxeta de visita no medio, o que claramente poría en perigo a integridade dos terminais xa que facilitaría a entrada de po e líquidos.
Queda por ver se o que parece un defecto de fabricación é algo anecdótico ou ten un importante impacto en toda a produción dos novos GALAXY Note 4, aínda que sorprende que dende Samsung cheguen a declarar que “o incidente non ten impacto na funcionalidade ou calidade do GALAXY Note 4” engadindo que “aseguramos aos nosos clientes que todas as unidades do GALAXY Note 4 cómpren cos nosos estándares de control de calidade e fabricación”.

PUBLICIDADE