O Goberno quere regular a actividade dos comparadores en liña de seguros
mércores, 5 de decembro do 2012
O Estado tenlle
o ollo botado aos servizos de comparación en liña de seguros,
e, polo que se conta na Rede, algo máis que o ollo. Cómpre sinalar
que este tipo de sitios están a dÃa de hoxe nunha especie de terra
de ninguén dende o punto de vista xurÃdico, cousa que para o
Goberno central ten aÃnda máis gravidade se temos en conta que
reciben, os de máis sona, centos de milleiros de visitas ao mes na
procura de pólizas. Webs como Acierto.com, Rastreator.com e
Seguros.es amorean, no seu conxunto, máis de un millón de visitas
en catro semanas. Agora, estes sitios e outros de menor seguimento
(moito menos fiábeis) están no punto de mira da Dirección Xeral de
Seguros e Fondos de Pensións, dependente do Ministerio de EconomÃa,
que prepara unha normativa para pór orde na actividade dos
comparadores, decote moi empregados para contratar un seguro novo
dende a Rede.
Este tipo de servizos experimentou nos últimos tempos unha
auténtica revolución. Isto unido ao dito limbo legal no que se
moven, fai que sexa máis preciso que nunca un regulamento que lles
obrigue entre outras cousas a rexistrarse perante o seu órgano
supervisor estatal, neste caso a dita Dirección Xeral. Amais, unha
vez que se poña en marcha a lexislación, os comparadores de seguros
terán que (casualmente) asegurarse eles mesmos e amosalo:
contratando un servizo de responsabilidade civil e constatando e
avalando a fiabilidade dos seus responsábeis. A iniciativa semella
que está a ser ben acollida entre os principais sitios web, xa que
din que irÃa en beneficio do sector e, sobre todo, e dos clientes,
que terÃan meirande marxe de confianza. Sinalar que un dos
principais problemas que se estaba a detectar era que unha boa parte
da comunidade internauta confundÃa, xeralmente, este tipo de webs
coas empresas dedicadas especificamente á contratación de seguros.