O Grupo de Programadores e Usuarios de Linux colabora co Google I/O dende a FIC

xoves, 21 de maio do 2015 Redacción

O Grupo de Programadores e Usuarios de Linux, en colaboración co Google Developers Group, organiza unhas actividades na Facultade de Informática da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña, con motivo do evento que organiza Google anualmente, o Google I/O. O GPUL retransmitirá varias charlas en streaming e realizará diversos obradoiros ao redor do evento con tecnoloxías relacionadas. A actividade dividirase en dúas xornadas: o xoves, 28 de maio, en horario de 17:00 a 23:00 horas; e o venres, 29 de maio entre as 10:00 e as 15:00 horas.
Segundo informa GPUL, “o primeiro día imos ver a keynote en directo, faremos un hackathon para desenvolver aplicacións móbiles para o Escornabot e veremos outras charlas sobre Google TV, Android Wear, etc”. O segundo día seleccionaranse faladoiros diversos sobre estas cuestións para comentalas xunto con outros obradoiros e eventos.
Lembrar que o Google I/O é un congreso de desenvolvedores web que organiza cada ano Google, para presentar e discutir as aplicacións web dea compañía e as tecnoloxías abertas de Internet. Este será xa a súa sétima edición.

Como adianto da presentación principal do Google I/O celebrarase unha hackaton de aplicacións móbiles para o Escornabot

PUBLICIDADE