O HP Spectre x360 sube o nivel dos portátiles convertibles

luns, 2 de marzo do 2015 Marcus Fernández

Dende o lanzamento de Windows 8 os ordenadores portátiles convertibles convertéronse en produtos cada vez máis populares, especialmente nas liñas de produto de alta gama, e así temos equipos como o novo HP Spectre x360, que presenta unha pantalla táctil de 13 polgadas que pode xirarse para que o equipo se comporte como unha tableta, o que o dota dunha grande versatilidade, o que supón un importante valor engadido a un portátil de elegante deseño e bo acabado con evidentes reminiscencias ao MacBook Air de Apple.
Entre os detalles máis salientables do HP Spectre x360 estaría a súa autonomía, que promete ser de até 12,5 horas e o feito de comercializarse con dúas resolucións de pantalla diferentes: 1x.920 x 1.080 píxeles e 2.560 x 1.440 píxeles. Pese ao avanzado destes equipos, os seus prezos son moderadamente axustados, partindo dos 899,99 dólares para o equipo cun procesador Intel Core i5 de dobre núcleo con gráfica Intel HD 5500, 4 GB de RAM e 128 GB de SSD, mentres que por 1149,99 dólares xa teriamos o modelo con procesador Intel Core i7, 8 GB de RAM e 256 GB de SSD. Na configuración máis elevada (procesador Intel Core i7, 8 GB de RAM, 512 GB de SSD e pantalla Quad HD) o prezo chegaría aos 1.399,99 dólares).


Vídeo promocional do HP Spectre x360

PUBLICIDADE