O Meizu M3 chegará cun prezo moi axustado

luns, 25 de abril do 2016 Marcus Fernández

Un dos fabricantes chineses de referencia, Meizu, vén de actualizar o seu smartphone económico de tamaño contido, de xeito que xa coñecemos as especificacións do novo Meizu M3, un teléfono con carcasa de policarbonato e unha pantalla de 5 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles, que funcionará cun procesador MediaTek MT6750 de 8 núcleos, 2/3 GB de RAM, 16/32 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de memoria de até 128 GB), cámaras de 13 e 5 Mpíxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, batería de 2.870 mAh, un grosor de 8,4 milímetros e un peso de 132 gramos que no seu modelo con 2 GB de RAM e 16 GB de almacenamento interno poderá reservarse a un prezo de 599 iuans (82 euros), mentres que o modelo con 32 GB de almacenamento interno custará 799 iuans (109 euros) de xeito que estariamos ante un terminais con mellor relación calidade-prezo do mercado, á vez que chega con carcasas en varias cores (branco, dourado, gris, azul e rosa) e unha versión de Flyme OS baseada en Android 5.1.
Aínda que inicialmente estamos ante un smartphone que se vende en China, Meizu conta con varios importadores en España que subministran a grandes cadeas de venda de telefonía móbil e operadores, polo que é de esperar que en poucos meses vexamos ente atractivo teléfono no noso mercado a un prezo que estea no contorno dos 100 euros, o que agradecerán os que consideren demasiado grandes os smartphones con pantalla de 5,5 polgadas.

PUBLICIDADE