O Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre entra na súa fase final
mércores, 28 de setembro do 2016
O
vindeiro dÃa 2 de outubro péchase o prazo para inscribirse no Premio ao Mellor
Proxecto Universitario con Licenza Libre, promovido pola AMTEGA, ao que
pode optar calquera estudante do Sistema Universitario Galego que teña
defendido o seu Proxecto de Fin de Carreira, Traballo de Fin de Grao ou
Traballo de Fin de Mestrado cunha nota mÃnima de 5.0, nalgunha das
convocatorias do ano académico 2015-2016, sempre que o proxecto teña unha
licenza libre.
Unha vez analizados e avaliados os proxectos
presentados, elixiranse os finalistas que participarán no acto, que terá lugar o
dÃa 21 de outubro no auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura, en Santiago
de Compostela. Nesta xornada os finalistas presentarán o seu proxecto diante do
xurado que, posteriormente, emitirá a súa resolución. Ao remate do acto
entregaranse os galardóns, cunha dotación económica de 1.500€ e 750€ para o
primeiro e segundo respectivamente.
Materiais de apoio para os aspirantes
Este edición conta con algunhas novidades como a posta á disposición dos aspirantes dunha serie de materiais de apoio, a través da wiki do portal Mancomún sobre diferentes aspectos a ter en conta nos proxectos de software libre, como o correcto licenciamento do proxecto ou as ferramentas que deberÃa ter un proxecto de software libre para facilitar a creación dunha comunidade ao seu redor, como poden ser listas de correo, un repositorio público co código fonte
Entrevistas aos gañadores doutras edicións
Como aliciente para a participación na convocatoria, a
Oficina de Software Libre da AMTEGA vén publicando no último mes unha serie de
entrevistas a galardoados de anteriores edicións, dispoñibles na páxina do
premio. Nesta sección 2 gañadoras e 4 gañadores contan de primeira man o que
supuxo para eles este premio, a influencia que puido ter na súa traxectoria xa
profesional, se segue ligada dalgún xeito ao software libre, e mesmo achegan
diferentes recomendacións ás alumnas e alumnos que vaian facer o seu proxecto
de fin de carreira.
Os entrevistados coinciden en destacar aspectos como a
posibilidade de que o seu esforzo e traballo poida servir para alguén máis; as
posibles portas laborais que abre contar cun repositorio aberto onde as
empresas poidan ver directamente o teu traballo; a posibilidade de colaborar
con outros proxectos libres e aprender do traballo en comunidade; ou
simplemente unha forma de amosar interese polo coñecemento e por compartilo e o
estÃmulo á curiosidade e a aprendizaxe autónoma.