O Redmi Pro terá pantalla OLED e dobre cámara traseira
mércores, 27 de xullo do 2016
A liña de smartphones máis económicos de Xiaomi vén de
elevar o seu teito co novo Redmi Pro,
un terminal que sairá á venda o vindeiro 6 de agosto a un prezo de 1.499 iuans
para a súa configuración con 3 GB de RAM e 32 GB de almacenamento, a 1.699
iuans para o seu modelo con 3 GB de RAM e 64 GB de almacenamento e a 1.999
iuans para o seu modelo superior con 4 GB de RAM e 128 GB de almacenamento
interno, chegando con este último a un nivel de prestacións que practicamente o
situarÃan na familia Mi, pero mantendo un prezo moi axustado (ao cambio
custarÃa 272 euros).
O Redmi é un smartphone con carcasa metálica en cor gris, prata ou ouro,
pantalla Full HD OLED de 5,5 polgadas, cámaras de 13 e 5 MpÃxeles, 4G, Wi-Fi N,
baterÃa de 4.050 mAh que pode cargarse a través de USB-C, un grosor de 8,15
milÃmetros e un peso de 174 gramos, que está dispoñible nos 3 modelos antes
mencionados, de xeito que a versión máis económica contará cun procesador Helio
X20 de MediaTek a 2,1 GHz, mentres que o modelo intermedio xa optarÃa por un
Helio X25 a 2,3 GHz e a versión superior presumirÃa dun Helio X25 a 2,5 GHz.
AÃnda que unha das grandes novidades do Redmi Pro sexa deixar a tecnoloxÃa IPS
da súa pantalla en favor da OLED, outro detalle realmente rechamante é que na
súa parte traseira conviven dúas cámaras, unha cun sensor Sony de 13 MpÃxeles e
outra cun sensor de 5 MpÃxeles, que fusionan a información de ambas para
conseguir imaxes cunha maior profundidade. Estas cámaras tamén veñen acompañadas
cun flash de dobre ton para conseguir imaxes máis naturais con pouca luz.
Durante os últimos meses rumoreouse que o futuro iPhone 7 contará cunha dobre
cámara traseira, polo que resulta bastante curioso que terminais de gama media con
prezos que parten dos 204 euros incorporen unha tecnoloxÃa que parecÃa
exclusiva da alta gama.
- O Redmi Pro, pese a ser un terminal de gama media cun prezo (ao cambio) entre os 204 e os 272 euros incorpora unha dobre cámara traseira
- O novo móbil poderá adquirirse en tres cores distintas