O Tribunal de Distrito de Columbia considera que Google é un monopolio
luns, 5 de agosto do 2024
O Departamento de Xustiza dos EE.UU. respecto á decisión do Tribunal de Distrito de Columbia no caso dos Estados Unidos contra Google celebra a vitoria do pobo estadounidense contra a compañÃa de Mountain View, asegurando o fiscal xeral Merrick B. Garland que «ningunha empresa, sen importar o grande ou influente que sexa, está por riba da lei».
O fiscal xeral adxunto Jonathan Kanter, da División Antimonopolio do Departamento de Xustiza, engade que «esta decisión histórica responsabiliza a Google. Abre o camiño para a innovación para as xeracións futuras e protexe o acceso á información para todos os estadounidenses».
A decisión do Tribunal de Distrito de Columbia chega tras un procedemento de preto de 4 anos no que se acusaba a Google de abuso de posición dominante no xeito de promocionar o seu buscador con accións como pagar aos navegadores web, a operadores e a fabricantes de móbiles para conseguir maior visibilidade.
A resolución do xuÃz Amit P. Mehta conclúe claramente que «Google é un monopolista, e actuou como tal para manter o seu monopolio», detallando que a compañÃa incumpre a sección 2 da Lei Sherman ao manter o monopolio en dous mercados nos EE.UU.: os servizos xerais de busca e a publicidade xeral en formato texto.
AÃnda que parece previsible que Google apele esta decisión, polo momento reaccionan comentado que o tribunal recoñece que Google é o buscador de maior calidade da industria, especialmente en dispositivos móbiles, dando a entender que aÃnda que non pagasen por manter a súa posición dominante, seguirÃan liderando o sector polo seu bo facer.
En calquera caso, é de esperar que, mentres continúan os procesos xudiciais (que poderÃan demorar varios anos) Google mude as súas prácticas anticipándose ás esixencias das autoridades.