O V Foro do Tour Tecnolóxico da Asociación @sLAN desenvolverase na Coruña o vindeiro 12 de novembro

xoves, 30 de outubro do 2014 Redacción

Imaxe do Tour Tecnolóxico en 2012

A Asociación @asLAN celebra unha nova edición do Tour Tecnolóxico o vindeiro 12 de novembro na Coruña. Esta iniciativa, que forma parte do Plan de Actividades da Asociación @asLAN para 2014 dirixido á promoción e difusión de novas tecnoloxías para avanzar cara a unha Sociedade Conectada xa conta co respaldo a nivel nacional do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación así como destacados provedores do sector como, Huawei, Extreme Networks, EMC, F5 Networks, Dell-Intel, Meru Networks, RedHat,Schneider Electric e Esprinet. Este ano a nivel local, conta con AGESTIC e INEO como entidades colaboradoras.
O evento está dirixido a Responsables de Tecnoloxía e Innovación en grandes e pequenas organizacións e enxeñarías, e nel desenvolverase un extenso programa, con conferencias sobre BYOD, banda ancha sen fíos (WiFi, WiMax, LTE), redes definidas por software (SDN), virtualización de escritorios (VDI), mobilidade, comunicacións unificadas, centros de datos, etc.
Este ano púxose en marcha a iniciativa CxO TIC, que terá lugar nas cidades de celebración do Tour. Trátase dun proxecto da Asociación @asLAN que ten como principal obxectivo divulgar as experiencias de directivos (CEOs, CIOs, CMOs...) que axudan ás súas organizacións a ser máis intelixentes e competitivas co uso de novas tecnoloxías, aproveitando o potencial da converxencia de persoas, cousas, procesos e datos sobre a rede. No coloquio/xantar do Foro A Coruña intervirán entre outros, directivos de Grupo Plásticos Ferro, Factorías Vulcano e Fillos de Rivera.
Jesús Pampyn, presidente de la Asociación @asLAN espera superar as cifras de participación da edición anterior considerando que "adecuar as infraestruturas tecnolóxicas para construír un ámbito móbil e ser capaces de desenvolver e integrar servizos en nubes híbridas son asuntos prioritarios na axenda dos responsables de innovación tecnolóxica de calquera empresa que queira destacar neste novo escenario, máis global e competitivo,"
O Foro Tecnolóxico A Coruña, celebrarase no Hotel Hesperia Finisterre e contará coa intervención de representantes do Concello da Coruña, de AMTEGA e do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.
A inscrición a estes eventos é de balde e pódese realizar a través dun formulario en liña.

PUBLICIDADE